O Triatón Ferrol chega este domingo a Pontevedra como líder da Liga de Primeira División e como defensor do título de campión de España por clubs logrado en Xixón.
A esixencia será máxima para Inés Santiago, nun estado de forma pletórico, Melina Alonso, Carmen Gómez, Ana Carvajal, Paula Herrero, a nova integrante portuguesa Pauline Vie e as ferrolás Emma Romeo e Laura Santalla. O reto esta temporada será aínda maior ao contar cun equipo dunha enorme calidade pero non cantidade porque, nesta competición, vale o mesmo ter dúas triatletas que rematen nos postos 75º e 76º que contar coa vencedora.
Por iso o equipo botará en falta a Camila Alonso, baixa de última hora polo accidente na Copa do Mundo, a Tamara Gómez, na recta final da súa recuperación, e a Miriam Casillas, lesionada nestes momentos aínda que a súa presenza xa estaba descartada porque debería acudir ás Series Mundiais de Leeds.
En categoría masculina, a Escola Javi Gómez Noya nutrirá a delegación departamental que compita en Promoción para ascender a Segunda División. Marcos Ruiz, Iván Puentes, Juan Rejas, Yago Suárez, Pablo Pedrosa e Jorge Morado conforman o equipo do Triatlón Ferrol.
O sábado ás 15:30 en Promoción Masculina e o domingo ás 12:00 en Primeira Feminina, o Triatlón Ferrol disputará o campionato de España por clubs no que cada triatleta deberá completar, a nivel individual, un tríatlon de distancia sprint.