Valdoviño abre o prazo para optar a un dos 12 postos de limpeza de praias

Playa Frouxeira.

O Concello de Valdoviño contratará, con cargo a unha subvención da Deputación da Coruña, a 12 peóns para a limpeza das praias do municipio. Trala publicación o pasado venres das bases na web municipal (www.concellodevaldovino.com), abríase un prazo de cinco días –que comezan a contar dende o luns- para a presentación de solicitudes, que deberán formalizarse, xunto á documentación requerida, no Rexistro Xeral da casa consistorial.

A contratación realizarase mediante o procedemento de concurso-oposición e, na fase de concurso, valoraranse unha serie de cursos formativos. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, sinala que as accións formativas requeridas foron promovidas o pasado ano en Valdoviño polo Concello, entre outras administracións.

O contrato formalizarase baixo a modalidade de duración determinada –dous meses e medio- a tempo parcial de 20 horas semanais, en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, de luns a domingo, na modalidade de contrato de obra e servizo. Os traballos consistirán na limpeza das praias, recollida de lixo e valeirado de papeleiras e colectores, así como labores de mantemento.

Lea también

La Xunta colabora con el concello de Cariño para acondicionar el pabellón municipal cerrado desde hace casi dos años

La alcaldesa de Cariño, Ana María López, y el vicepresidente de la Xunta de Galicia, …