Inés Santiago convértese na mellor española na Copa do Mundo de Cagliari sendo 18ª

Camila Alonso trala caída – Omar González

Inés Santiago estreouse en categoría sub-23 ante rivais do máximo nivel cun resultado prometedor que a clasifica para a Copa do Mundo de Hungría. A canteirá do Triatlón Ferrol finalizou 18ª, xusto por detrás da subcampioa olímpica Lisa Norden e superando en catro segundos á tamén española Anna Godoy. Pola súa banda, Carmen Gómez, xa sen molestias no sóleo pero con falta de adestramento, entrou en meta en 26º lugar e, despois dunha caída en bici ao tentar dar alcance ao grupo cabeceiro, viuse obrigada a retirarse.

Marcando unha rápida natación, Inés Santiago quedou a un paso de coller o grupo líder pero tivo que aguantar no pelotón perseguidor. “Quedei cortada por nada e tiven que ir na bici aguantando como podía. Baixei a correr empezando forte e, ao final, ‘petei’. Acabei, sentei no chan e non podía moverme”, relata a ferrolá tras o esforzo realizado. A pesar de todo, a deportista do Triatlón Ferrol foi quen de colocarse como a mellor española da cita mundial ao superar na primeira volta de carreira a pé a Anna Godoy e sen desfondarse ata o final.

Sobre o accidente de Camila Alonso, a primeira valoración médico indica que non hai fracturas, si rabuñaduras e unha forte dor nun ombreiro.

A próxima cita para as tres internacionais será o domingo en Pontevedra nno campionato de España por clubs de Primeira División, ao que chegarán como vixentes campioas.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …