Tres internacionais do Triatlón Ferrol, á Copa do Mundo de Cagliari

Camila Alonso en competición – Triatlón Ferrol

Despois da Copa do Mundo de Madrid, Camila Alonso non descansa para poder competir na Copa do Mundo de Cagliari. Xunto a ela, as súas compañeiras do Triatlón Ferrol, Inés Santiago e Carmen Gómez, optan á praza de Series Mundiais que sairá da cita italiana.

Fronte a rivais habituais do máximo circuíto mundial, estará moi caro entrar no top-8 da proba, e ademais ser a mellor española, para cumprir o criterio da selección que dá o pase ás Series Mundiais de Hamburgo. Máis alcanzable podería ser facer un posto dentro do top-20 da proba para ser convocadas á mítica Copa do Mundo de Tiszaujavaros do mes de xullo.

Para iso, Camila Alonso deberá superar primeiro o cansazo acumulado na última proba e despois, ser mellor que a catalá Anna Godoy e que as súas propias compañeiras Santiago e Gómez. No caso da ferrolá, Inés Santiago está desexosa de empezar a competir a nivel internacional na súa primeira temporada como sub-23. Mentres, a pontevedresa Carmen Gómez sairá condicionada por unhas molestias que lle están a impedir correr.

A Copa do Mundo de Cagliari disputarase este domingo en distancia sprint -750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé- ás 10:30 horas.

Lea también

AD Judo Ferrolterra conquista cuatro Bronces en la Copa de España “A” de Judo de Galicia

Este pasado sábado 21 de febrero se disputó la Copa de España “A” de Judo …