Un total de 55 veciños e veciñas de Cabanas tomaron parte a semana pasada na excursión ó Xurés organizada polo Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura e Turismo. A ruta realizouse en autocar e enmarcouse nos Viaxes Culturais que, unha vez ao ano, organiza o Concello de Cabanas.
O itinerario matinal incluíu, entre outras paradas, o Mercado do Xurés; o Centro de Interpretación da Vía Nova, ou o campamento romano. Tamén a igrexa de Santa María la Real. A comida celebrouse no Castro Leboreiro. E, xa pola tarde, sobre as 16 horas, os excursionistas partían cara Lamas de Mouro e o Santuario da Virxe da Peneda, onde visitaron o entorno. De aí a Soajo, percorrendo os pobos da Serra da Peneda e con parada no miradoiro. Pararon tamén na Eira do Penedo e, por último, no conxunto arquitectónico do Castelo e os Milleiros de Lindoso.