O secretario xeral de Política Lingüística entregou en Ferrol os premios do Certame Letras Galegas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entregou este xoves á tarde, no CPR Plurilingüe Sagrado Corazón Madres Mercedarias e no CPR Plurilingüe Cristo Rey, os premios do Certame Letras Galegas convocado pola Federación de Pais e Nais de Colexios Concertados de Ferrol e comarca (FAPA Ferrolterra) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

García Gómez instou o alumnado “a escribir en galego todos os días do ano, a ler na nosa lingua” e a “animarse, e animar os compañeiros”, a falalo. O secretario xeral tamén tivo palabras para os pais e nais, a quen felicitou por esta iniciativa, e a quen lles pediu que entendesen a importancia que ten para a educación dos nenos e o futuro da lingua “transmitir o galego envolto no afecto da familia”.

Acompañaron a Valentín García na entrega dos galardóns membros da xunta directiva de FAPA e das ANPA de ambos os dous centros, así como as directoras do Sagrado Corazón, Sonia González, e do Cristo Rey, Elena Grandal, respectivamente.

No colexio das Mercedarias

11 centros e case 5000 estudantes implicados

O Certame Letras Galegas 2017 convocado por FAPA Ferrolterra co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística celebrouse nos CPR Tirso de Molina, Plurilingüe La Salle, Plurilingüe Cristo Rey, San Rosendo, Belén, Ludy, Compañía de María, Plurilingüe Jesús Maestro, Loyola Mugardos e Plurilingüe Jorge Juan, ademais de no Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón Madres Mercedarias. En total, implicou 11 colexios e case 5000 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …