Valdoviño executou o 98% do orzamento do 2016, que pechou por primeira vez en anos con superávit

O alcalde, Alberto González, fixo balance esta mañá do peche do exercicio económico do 2016 e informou de que o Concello logrou revertir a situación dos últimos anos, pasando no último exercicio dun déficit de 150.000 euros a un superávit de 357.000 euros. Un dato especialmente positivo, engadiu, se se ten en conta que o Concello executou o 98% do orzamento e, sobre todo, no contexto existente hai apenas ano e medio.

Durante ese tempo, e para afrontar a precaria situación económica, o Concello tivo que adoptar duras medidas e restricións nos gastos; dar cumprimento a sentenzas xudiciais firmes que condenaban á Administración local a abonos importantes a terceiros; devolver axudas do exercicio 2010 por non ter xustificados os gastos, e verse obrigado ó reintegro íntegro da paga extra de decembro de 2012. Un contexto que impuxo que o equipo de goberno tivese que redactar un Plan Económico Financiero. Un traballo que vén de dar os seus froitos, logrando unha administración que cumpre as regras fiscais establecidas –regla de gasto, estabilidade orzamentaria e límite de débeda-, que ten rebaixado notablemente o periodo medio de pago a proveedores e que, hai unhas semanas, aprobaba os primeiros orzamentos dende o ano 2014.

Resolución

Nesta liña, Alberto González tamén informou da aprobación en pleno da adhesión do Concello de Valdoviño á resolución acordada no seo da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) pola que se insta ó Ministerio de Facenda a flexibilizar os requisitos para reinvertir os remanentes nos concellos coas contas saneadas, dando resposta ás necesidades veciñais.

Lea también

Primeros ganadores de la campaña “En Valdoviño… adelantamos la Navidad”

La campaña de dinamización del comercio local «En Valdoviño… adelantamos la Navidad» ya tiene sus …