A Escola Javi Gómez Noya colgouse a medalla de prata no Tríatlon de Vilagarcía en formato contra o reloxo por equipos. O conxunto formado por Yago Suárez, Juan Rejas, Jorge Morado, David Campos, Jesús Rodríguez e Álvaro Ordiales, compenetrouse á perfección e só ao final marcharon os máis rápidos, deixando atrás a Rodrígez e Ordiales. A pesar de apertar até a meta, faltaron só tres segundos para proclamarse campións. Por detrás, o equipo de Marcos Gómez, Manuel Romero, Rubén Morado e Alejandro Rodríguez rematou oitavo.
No campionato galego de tríatlon contra o reloxo, entre os adultos, a expedición do Triatlón Ferrol non puido finalizar porque no ciclismo perderon a Pablo Sanjurjo por unha avaría, Dani Santalla xa non contaba con poder correr e, despois da primeira volta a pé, xurdiu o imprevisto dunhas molestias que sentiu Marcos Ruiz, impedíndolle continuar. Deste xeito, só con tres integrantes, Luis Rilo, Gonzalo Jiménez e Pablo Pedrosa tiveron que parar.
Na proba open, cun equipo de veteranos e debutantes, Borja Catrufo, Manu Pita, Roberto Martínez e Marcos Caneiro remataron sétimos.