«Experiencia dun alpinista xordo» este venres no CC Torrente Ballester

Cartel do evento – AXF

Durante este ano, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrol organizará diferentes actos, actividades, charlas… co motivo do seu 45 aniversario. Todos estes actos rematarán o sábado 4 de novembro cunha cea de gala.

O próximo venres 12 de maio ás 19:30 horas no Centro Torrente Ballester, dentro dos actos programadas no 45 aniversario da AXF, teremos o relatorio de Cesáreo Millarengo, persoa xorda de nacemento, no que nos contará as súas experiencia vividas como alpinista cunha discapacidade.

Nesta charla poderemos coñecer a unha persoa xorda que practica un deporte de alto risco, como é o alpinismo. Cesáreo contaranos a súa experiencia, as sensacións vividas, como adáptase a practicar un deporte rodeado de persoas oíntes que non coñecen a lingua de signos…

Cesáreo coñeceu o mundo do alpinismo no ano 2005, no VIII Encontro Integración nos Picos de Europa, organizado pola Asociación de Sordos de Cantabria; durante os seguintes cinco anos continuou participando en diferentes encontros de alpinismo, pero non foi ata o 2010, ano no que coñeceu a Diego Segarra, montanista xordo, cando empezou a gozar do alpinismo e descubrir as sensacións marabillosas que este deporte aporta. Cesáreo conta, que cando chega a cima o máis emocionante e mirar ao arredor e sentirse coma unha aguia observando a paisaxe.

Durante estes anos escalou as 17 cimas mais altas de España, ademais do Gokyo Ri (5.360 m), o Dala Pattar (5.555m)… sendo o seu próximo obxectivo o Pico Acongagua (6.960 m) situada no oeste de Arxentina.

Lea también

Esteiro acoge el Torneo de Baloncesto de Veteranas Ciudad de Ferrol

El concejal de Deportes de Ferrol, Ricardo Aldrey, presentó en la casa consistorial la segunda …