O V Campus para porteiros Diego Rivas foi presentado en Ares

Cartel do campus – Concello de Ares

O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, informa de que hoxe martes, ás 12h tivo lugar na Casa da Xuventude do Concello de Ares, a presentación oficial da quinta edición do “Campus para porteiros Diego Rivas-Concello de Ares”, que desenvolverase os días 5, 6 e 7 de xullo, no campo de fútbol municipal de Prados Vellos.

O Campus estará dirixido un ano máis polo porteiro Diego Rivas, cunha traxectoria en equipos profesionais españois como o Lugo, Deportivo, Elxe, Albacete, Tenerife, Eibar, e mesmo internacionais como o do Auckland City F.C., e que é na actualidade, gardamallas profesional no Real Club Murcia. É ademáis Diplomado en Maxisterio ca especialidade de E.Física, e será quen coordine un grupo de traballo composto por porteiros de fútbol e adestradores de porteiros cunha contrastada experiencia.

Este campus deportivo, adicado de forma específica aos porteir@s de fútbol, vai dirixido aos rapaces de 6 a 16 anos, dividíndoos a súa vez dunha forma didáctica e pedagóxica en tres grupos: iniciación (de 6 a 9 anos), formación (de 10 a 13 anos) e consolidación (de 14 a 16 anos).

Ao longo deses tres días poderán mellorar as súas habelencias como gardamallas a través de adestramentos específicos e adaptados a cada nível e idade. Así deste xeito nas xornadas do mércores, xoves e venres, en horario de 10 a 13,30h, e tamén na tarde do venres ta a clausura do Campus, desenvolveranse sesións de adestramento e formación a cargo de reputados adestradores.

Dado o interese pola calidade como elemento diferenciador no desenvolvemento do Campus, haberá tan só 42 prazas, que cubriranse por rigurosa orde de inscrición. O prazo para inscribirense estará aberto durante todo o mes de maio, ata rematar as prazas previstas, puidendo facer a inscripción durante ese período pola seguintes canles:

a.- Descargando o formulario a través da web do evento en www.campus.diegorivas.es . ( Unha vez cubertos os datos do alumn@ e preciso adxuntar o xustificante de pago do campus e enviar todo ao enderezo electrónico campus@diegorivas.es)

b.- Recollendo a folla de inscripción no pavillón deportivo municipal do Concello de Ares e entregándoa alí mesmo, puidendo facer o pago en ventanilla.

O prezo de inscripción é de 85 € ( 70 € para os empadroad@s en Ares ou xogadores das categorías inferiores do Numancia de Ares ADR ou do Galicia de Mugardos, así como para 2 ou máis incripcións por unidade familiar), e inclúe:

– Equipación de portero consistente en guantes, camiseta y pantalón pirata de porteiro, serigrafiado co logo do Campus.

– Tentempé diario a media mañá, consistente nun minibocata, auga, e lácteo ou zumo de fruta e bebida isotónica.

– Xantar do venres 7 de xullo e xogos acuáticos na praia de Ares.

– Diploma acreditativo.

– Sorteo de diferentes agasallos donados polos patrocinadores.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …