O Concello de Cabanas propón aos seus veciños unha viaxe cultural ó Xures

O Concello de Cabanas propón este ano aos seus veciños realizar unha viaxe cultural ó Xures, un dos paraxes naturais máis fermosos de Galicia. A ruta realizarase en autocar e inclúese nos Viaxes Culturais que, unha vez ao ano, organiza o Concello de Cabanas. Terá lugar o 25 de maio, durante todo o día, e para participar é preciso anotarse chamando por teléfono ao número 981 49 59 59 extensión 3. Os que o prefiran poden facelo no propio consistorio de forma presencial, no departamento de Cultura. O prazo remata o 19 de maio.

O itinerario prevé a chegada ó Mercado do Xurés ás 10 horas, con tempo para mercar nos postos. De aí, a ruta continuará no Centro de Interpretación da Vía Nova, así como visita guiada ó campamento romano. Sobre as 12 h, visita á igrexa visigótica de Santa Comba de Bande e, ás 13 h, chegada a Entrimo con parada na igrexa de Santa María la Real. Sobre as 14,30 horas, prevese a comida no Castro Leboreiro.

Xa pola tarde, sobre as 16 horas, os excursionistas partirán cara Lamas de Mouro e o Santuario da Virxe da Peneda, onde se poderá visitar o entorno e mercar nos postos do mercado contiguo. De aí a Soajo, percorrendo os pobos da Serra da Peneda e con parada no miradoiro. Visitarase despois a Eira do Penedo e partirase cara Lindoso. Antes do regreso, sobre as 19 horas, visitarase o conxunto arquitectónico do Castelo e os Milleiros de Lindoso.

Lea también

El Club de Remo de Ares prepara su fiesta de presentación

El Club de Remo de Ares prepara su fiesta de presentación. La cita tendrá lugar …