Novo ouro para o Triatlón Ferrol no campionato de España de relevos

O Triatlón Ferrol no máis alto do podium – FETRI

O Triatlón Ferrol sumou un novo título en Águilas gañando con solvencia o campionato de España de relevos.

Na primeira posta, Inés Santiago saíu entre as primeiras da auga, formou no pelotón cabeceiro e xa no sector a pé marchou en solitario para entregar o relevo. Así, Carmen Gómez completou un tríatlon sen deixarse coller e mesmo aumentando a distancia coas perseguidoras, que si ían cambiando de nomes. Pero non o posto de líder, no último e definitivo relevo, Camila Alonso era consciente de que só un erro podía evitar o triunfo. Entrando con calma á meta para gozar do momento, nun tempo de 1:18:29 e con 29 segundos sobre as segundas.

Deste xeito, tras as dúas primeiras xornadas da Liga, o Triatlón Ferrol colócase líder de Primeira División. “Amosaron que están a outro nivel”, concluíu o director técnico do club, Jaime Ruiz, aínda que deixou claro que a Liga é moi longo e non só contan as individualidades.

5º posto da Escola Javi Gómez Noya

No relevo escolar, a Escola Javi Gómez Noya quedou a 46 segundos do podio co equipo que formaron Jorge Morado, na primeira posta, Juan Rejas e Yago Suárez para rematar. O equipo B, finalizou 28º con David Campos, Álvaro Ordiales e Jesús Rodríguez.

Lea también

El concello organiza su II Triangular de fútbol femenino con el apoyo del Rápido de Neda

Los días anteriores se juega también en el campo municipal de Neda una nueva edición …