O Triatlón Ferrol viaxa a Águilas cun equipo co nivel suficiente como para revalidar o título da Copa da Raíña co que se alzaron a pasada temporada.
Camila e Melina Alonso, Inés Santiago, Carmen Gómez e Ana Carvajal volverán loitar por ser o mellor conxunto no formato contra o reloxo por equipos da Copa.
Será este sábado, na primeira xornada da Liga de Primeira División. Para o domingo quedará a segunda xornada, o campionato de España de tríatlon por relevos, no que aínda non está definido o trío máis rápido que poida defender o bronce logrado en 2016 en Pontevedra. Polo momento, Camila Alonso e Inés Santiago -xa campioas de España nesta modalidade en 2015-, xunto con Carmen Gómez, serían as elixidas tendo en conta a explosividade que se precisa no relevo. Se elas mesmas non deciden facer cambios, será a ferrolá Alonso quen inicie a participación do Triatlón Ferrol no momento clave de colocarse en cabeza antes de dar o primeiro relevo e así ter opcións de repetir medalla.
Delegación escolar
En categoría escolar, a Escola Javi Gómez Noya presenta un grupo para a contra o reloxo formado por Juan Rejas, Yago Suárez, David Campos, Jorge Morado, Jesús Rodríguez e Álvaro Ordiales. No relevo, Yago Suárez, Juan Rejas e, como último relevista, Jorge Morado, defenderán as cores departamentais.