O BNG de Ares comeza a rolda de encontros veciñais nas diversas parroquias

Mañá vernes dia 5 comezará a nova rolda de encontros veciñais que tradicionalmente celebra o BNG de Ares, na liña de manter un contacto permanente coa veciñanza das diversas parroquias do Concello. O encontro de mañá venres celebraráse a partir das 19,30 horas no salón de actos da «Alianza Aresá«, e contará coas intervencións de Emilio Mesíasportavoz municipal do BNG– que dará paso a un debate monográfico ao redor da tarifa eléctrica e do recibo da luz; que desenvolverá o técnico da Axencia Enerxética Provincial, Xosé Manuel Golpe Acuña.

O comezo desta rolda de encontros veciñais –que continuará a vindeira semana– coincide coa saída dun novo boletín informativo do BNG de Ares, no que se fai unha análise da situación municipal (orzamentos, etc…..) e se dá conta das iniciativas que a organización vén de presentar nos últimos meses no ámbito do concello e tamén no Parlamento Galego.

Lea también

San Sadurniño otorga ás familias preto de 23.500€ en axudas ao estudo

23.496,20€, importe total que o Concello de San Sadurniño distribuíu en forma de axudas entre …