O xornalista Xosé Hermida asinou no Libro de Ouro de Ferrol antes de recibir o Premio Xosé Couso

Xosé Hermida asinando no Libro de Ouro – Adán Puentes

A xornada do xoves é un día grande para o xornalismo da comarca, e para o xornalismo galego coa entrega un ano máis do Premio José Couso a libertade de prensa, que este ano recaeu no xornanista Xosé Hermida.

Na matinal tivo lugar a recepción oficial ao premiado no salón de recepcións do Concello de Ferrol, como é habitual dende que se instaurou este premio, para que poidera firmar no Libro de Ouro da cidade, acompañado do alcalde de Ferrol Jorge Suárez e de concelleiros da corporación municipal, na que agradecía o premio recibido e rememoraba a figura de José Couso.

Posteriormente tivo lugar no mesmo lugar a rolda de prensa, coa presenza tamén do decano do Colexio de Xornalistas de Galicia Francisco González Sarria e coa presidenta do Club de Prensa de Ferrol Julia Díaz.

Empezaba esta segunda parte do acto Julia Díaz a cal volvía a pedir “xustiza para José Couso, algo que reclamamos un ano máis”, ademáis de destacar a figura de Xosé Hermida.

Francisco González Sarria facía súas as palabras de Julía Díaz, además de destacar a labor de José Couso “un xornalista galego”. En referencia a Xosé Hermida referíase a él como “un galego que desenvolveu toda a súa actividade en Galicia”. O decano tamén desvelaba que “é a vez de maior participación neste premio e tamén de máis unanimidade para concedelo”, algo do que se “sentía orgulloso porque Xosé Hermida foi un dos fundadores do Colexio de Xornalistas.”

A continuación tomaba la palabra el premiado, Xosé Hermida o cal estaba moi honrado por recibir este premio “porque o dan os compañeiros, teng algo especial e irrepetible.” Xosé Hermida destacaba que este premio “ten algo especial ao levar o nome de Couso, porque él non era unha estrela do xornalismo, era un currante para que estivéramos informados do que sucedía en Bagdad durante a guerra de Irak facendo o seu traballo.” En referencia o seu traballo “levo 30 anos traballando en Galicia, agás os dous últimos anos que levo en Brasil e quero compartir este premio con todos os xornalistas galegos e ferroláns”, ao mesmo tempo que destacaba a labor do xornalismo de calidade “o cal pode facerse cubrindo unha rolda de prensa de Donald Trump, como a do alcalde e concelleiros de Ferrol ou nos plenos municipais.”

Instante da rolda de prensa – Adán Puentes

No turno de preguntas o premiado facía referencia a situación dos medios públicos os cales “non poden estar o servizo do goberno”, xa que “agora é moi complicado traballar nun medio público”. Recordaba o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero no que “houbo un presidente independiente de RTVE e foi unha das mellores etapas e agora non o hai.”

Tamén o premiado respondía sobre a derogación da Lei de Xustiza Universal, a cal “antes nos daba a garantía de tela, porque non había impunidade”. Xosé Hermida criticaba as autoridades españolas no trato a José Couso ao ser “escandalosa a pasividade cun cidadán español”. Ademáis de realizar unha nova reinvindicación co traballo dos xornalistas nas guerras “porque agora moitos deles xa non están baixo o paraugas dos medios, son freelance para intentar gañar 100 euros por noticia, iso está pasando en Siria e é unha situación bastante dramática.”

Finalizaba este acto o alcalde de Ferrol Jorge Suárez o cal reivindicaba a figura de José Couso “recordo a cara desencaixada de Jon Sistiaga o día do asasinato, ten que haber xustiza.” Ao mesmo tempo o alcalde tamén reivindicaba a presenza dos medios de comunicación na cidade “porque xa non existe a Cadena Ser en Ferrol, nin a TVG, nin TVE, están desmantelando os medios e hai que aproveitar este día para reinvindicalo” porque “a libertade de prensa ten que ser plural e os medios non teñen que mirar únicamente por intereses económicos.”

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …