A SGHN realizará un obradoiro de iniciación ás aves acuáticas en primaveira

Ave migratoria – Pepe García Vizoso

O vindeiro venres 5, ás 19 horas, no salón de actos da SGHN en Canido, realizaráse o obradoiro do curso para indentificar ás aves acuáticas, relacionadas co medio doceacuícola e mariño, que se poden observar en primavera. Os relatores serán Paco Girón Veiga e Xan Rodríguez Silvar, contando coa colaboración de senlleiros fotógrafos de aves de Ferrolterra.

A xornada estará adicada ao desaparecido fotógrafo e naturalista Pepe García Vizoso, que mantivo moitos anos o blog http://ferrolterranatura.blogspot.com.es.

O sábado 6, ás 10 horas, terá lugar a sesión práctica na lagoa da Frouxeira, Valdoviño, aproveitando a concentración de aves migratorias en paso e especies sedentarias en cría.

Lea también

FeC denuncia unha nefasta xestión co servizo de recollida de residuos e limpeza viaria

Ferrol en Común expresa «a incapacidade do goberno local dilatará máis as deficiencias do servizo, …