O alcalde de Miño presenta a Medio Rural un proxecto para crear un viveiro de empresas

Ángeles Vázquez, Ricardo Sánchez e Jesús Veiga durante a reunión – Xunta de Galicia

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu hoxe ao alcalde de Miño, Ricardo Sánchez, para valorar as necesidades do municipio. En concreto, o rexedor, acompañado do tenente de alcalde e concelleiro de Desenvolvemento local, Jesús Veiga, presentoulle á conselleira un proxecto para crear un viveiro de empresas no Concello.

Dende a Consellería do Medio Rural valorarase as posibilidades de colaboración co fin de dinamizar a economía rural do entorno. Ángeles Vázquez agradeceu ademais a visita para poder coñecer de primeira man os problemas e demandas dos veciños.

Lea también

La SD Negreira vence al Muxía CF y se proclama campeón de la Copa Diputación

El conjunto negreirés conquistó el título en el campo municipal de Gallamonde, en Miño, y …