III Parada Familiar de Xogos Tradicionais na Finca de A Cortiña

Carrilana na Parada Familiar – CPI San Sadurniño

O sábado 22 de abril, de 16:30 a 19:00 h. desenvolverase a terceira edición da Parada Familiar de Xogos Tradicionais na Finca de A Cortiña.

Esta actividade está organizada polo CPI de San Sadurniño, e conta coa colaboración do Concello de San Sadurniño, da Asociación Veciñal Castelo de Narahío, a ANPA do CPI San Sadurniño e de Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional.

O obxectivo da mesma é ofrecer un espazo e tempo de lecer entre os diferentes membros da comunidade educativa empregando coma eixo vertebrador o xogo tradicional, e promover e poñer en valor o mesmo a través da práctica interxeracional.

A actividade non se atopa pechada aos membros da comunidade educativa do CPI San Sadurniño, polo que calquera persoa interesada en participar na mesma pode achegarse a desfrutar dos diferentes xogos a practicar.

En total serán once os xogos que estarán presentes: a ra, tirapedras, carrilanas, saltar á corda, o brilé, os tres pés, o aro, as bólas, carreira de sacos, a billarda e o pano. Así mesmo haberá un obradoiro de enredos, no cal poderán construírse pequenos enredos flotantes para despois probar a súa capacidade de flotación no río.

Ao remate, entre os asistentes que se inscriban ao longo da xornada, procederase a sortear camisetas conmemorativas do evento.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …