A atención ás mulleres vítimas de violencia machista a debate no Foro Ferrol Vivo

Foro Ferrol Vivo

A situación da violencia machista, unha das principais lacras da sociedade actual, na nosa cidade e os medios de que dispoñemos para combatela, serán sometidos a debate o vindeiro luns nunha mesa redonda que organiza o Foro Ferrol Vivo, e que se desenvolverá no salón de actos do Antigo Hospicio –rúa Méndez Núñez- ás sete da tarde.

Esta nova actividade será moderada pola voceira do FFV, Eva Martínez Montero, e contará coas intervencións de Pilar Cancela, presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso; Diana Tenorio, tesoreira da recentemente creada Alvixe (Asociación de Loita contra a Violencia de Xénero); Amelia Carneiro, integrante da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Abogados e responsable do Turno de Oficio e de asistencia xurídica gratuita de Ferrol; Rosa Ramos, avogada especialista en violencia machista; e Soledad Lucero, presidenta da Asociación de Movilidad Humana de Ferrolterra.

Cada unha das relatoras ofrecerá a súa visión sobre a atención ás mulleres que son vítimas de violencia machista, que en Ferrol rexistrou 244 denuncias en 2016, fronte as 212 de 2015.

Dende o Foro Ferrol Vivo fan un chamamento á participación nesta iniciativa, aberta ao conxunto da cidadanía.

Continúa a campaña en redes #ElasTaménXogan

Por outra banda, o Foro Ferrol Vivo lembra que aínda continúa #ElasTaménXogan, unha campaña para as redes que ten o obxectivo de visibilizar ás mulleres no mundo do deporte.

Esta campaña consiste na difusión de imaxes de mulleres no deporte: xogando, arbitrando, adestrando ou realizando tarefas propias dos clubes e/ou federacións. Así, e ata o mes de maio, as persoas que o desexen poderán enviar fotografías a unferrolvivo@gmail.com, que serán publicadas nas redes: na páxina de Facebook Foro Ferrol Vivo e no Twitter @unferrolvivo.

Unha vez rematado o prazo, o Foro xuntará todas las fotografías recibidas e fará unha proxección, que se mostrará nun acto público que contará con mulleres representantes do deporte local, nunha xornada sobre a desigualdade neste eido.

Poñer enriba da mesa o traballo que realizan as mulleres no deporte a través da súa visibilización, denunciar a súa discriminación e buscar solucións e medidas para paliar ditas desigualdades son os obxectivos desta campaña do Foro Ferrol Vivo, que anima á cidadanía a participar na iniciativa.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …