Unha vintena de menores participa estes días no programa municipal “ConciliaEscola Semana Santa”

Instante do Conciliaescola – Concello de Narón

Unha vintena de nenos e nenas de entre 4 e 12 anos participa desde o pasado luns, día 10, no programa “ConciliaEscola Semana Santa”. A edil de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, visitou esta mañá aos menores nas instalacións do CRA de Domirón, donde continúa hoxe esta iniciativa e cunha última sesión programada para o vindeiro luns, día 17. Esta proposta forma parte do “II Plan de Igualdade Municipal” e ten entre os seus obxectivos facilitar a conciliación da vida laboral e familiar nos casos nos que os proxenitores traballan estes días, nos que os menores non teñen escola, tal e como recordou Sabio.

Os rapaces e rapazas realizan, entre as 7.30 e as 14.00 horas varias actividades relacionadas con diferentes temáticas. Algunhas delas desenvólvense no CRA de Domirón, tanto dentro das instalacións como no exterior, onde esta mesma mañá os nenos e nenas participaron nunhas miniolimpiadas. Outras actividades teñen lugar no exterior, como as saídas que realizaron esta semana ao mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto, ou á Praza de Galicia, para coñecer mellor o concello.

Outra das tarefas que realizan os participantes no programa “ConciliaEscola Semana Santa” é coidar uns vermes de seda que hai no centro, así como axudar a preparar algunhas das actividades propostas ou participar en obradoiros de cociña á hora da merenda. Dúas monitoras encárgase de implicar aos menores en actividades relacionadas coas artes, os idiomas, o medio ambiente, o xogo e a educación para a Igualdade, entre outras.

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …