A Concelleira de Formación, Natalia Hermida, indicou que todavía quedan algunhas vacantes para a acción formativa “Preparación Competencias clave nivel 2”. As persoas interesadas nesta convocatoria, dirixida a veciñas e veciños de Narón desempregados e maiores de 16 anos, recibirán formación en matemáticas, comunicación en lingua castelá ou galega, sendo estas as competencias a abordar. Terán prioridade á hora de anotarse aquelas persoas inscritas nas probas de avaliación en Competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación convocados pola Xunta de Galicia para este ano. Celebraranse dúas edicións que, previsiblemente, darán comezo a finais deste mes, xa que o exame que deberá superar o alumnado fixouse para o vindeiro 13 de maio en Silleda.
As inscricións nesta acción formativa deben tramitarse no Rexistro Xeral do Concello –de 8.30 a 13.30 horas-, cubrindo unha instancia xenérica que tamén pode descargarse da páxina web do Concello: www.naron.es. A instancia debe entregarse xunto cunha fotocopia da solicitude rexistrada nas probas Competencias clave nivel 2, na modalidade indicada, e no caso de que a persoa sexa admitida no curso, unha vez recibida esa comunicación, deberá entregar outra documentación complementaria.
Para recibir máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 2602, 1120, 1107 e 1123).