O Concello de Narón inicia unha campaña de sensibilización na área medioambiental do Río Xuvia, en Pedroso

O edil de Medio Ambiente do concello de Narón, Octavio Dopico, anunciou a posta en marcha dunha campaña de sensibilización da área medioambiental Río Xuvia. A iniciativa, tal e como explicou, implica a colocación de tres paneis didácticos sobre a flora e fauna no entorno do citado cauce, concretamente na área recreativa do Río Xuvia, en Pedroso.

Na mañá deste martes  operarios dunha empresa instalaron os paneis, unhas tarefas que se levaron a cabo sen empregar axentes químicos, destacou o concelleiro naronés. Nos tres paneis, baixo o título de “Á beira do Río Xuvia”, amósanse as distintas especies de aves, árbores, prantas, insectos e anfibios que se poden ver na zona do río Xuvia.

Con esta iniciativa as persoas que se acheguen á área recreativa do Río Xuvia poderán obter información detallada sobre as especies naturais existentes no Río Xuvia”, destacou Dopico, que incidiu tamén en que con esta campaña se aposta por concienciar á poboación sobre a importancia do coidado e respecto do medio ambiente.

O Río Xuvia conta coa declaración de Espazo Natural Protexido da Rede Natura 2000 e de Lugar de Interese Comunitario (LIC). Estas distincións, destacou o edil naronés, “fan que este río sexa unha das xoias máis relevantes do patrimonio natural do noso concello, ao tempo que consolidan a zona como un área estratéxica para conservar especies botánicas e animais (xabarín, corzo, raposo, xenetas, garzas, reos, salmóns, etc.)».

Así mesmo, Dopico recordou que o río Xuvia conserva un bosque de Galicia autóctono no que se poden ver numerosas especies da Galicia Atlántica, e tamén plantas que actualmente están en perigo de extinción en Europa, como o “liño algodonoso”, ou mesmo en Galicia, como o sanguiño ou o espiño albar.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …