O BNG califica de “cuestión de urxencia” a posta en marcha do Plan Director para o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.

O deputado do BNG, X. Luis Rivas “Mini” anunciou, na visita ás instalacións, a presentación de iniciativas no Parlamento Galego.

Nunha visita realizada na mañán deste martes, o deputado do BNG X. Luis Rivas “Mini afirmou que a posta en marcha do Plan Director para o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro é “unha cuestión de urxencia, que non pode adiarse no tempo, porque sería sermos cómplices no deterioro do conxunto histórico-artístico”.

O deputado do BNG – que estivo acompañado do grupo municipal do BNG no concello de Ares e militantes da organización- lembrou que o documento do Plan Director “foi elaborado pola elaborado pola Consellaría de Cultura -daquera responsabilidade do BNG- mais coa chegada do PP ao goberno o proxecto quedou nun caixón; evidenciando falla de compromiso político e tamén económico”.

Nunha conversa con membros da “Asociación de amig@s do Mosteiro” -que acompañaron á representación do BNG na visita- Xosé Luis Rivas “Mini”, aludíu á “evidente deixación de responsabilidades da administración galega, que é a que ten as competencias en materia de patrimonio histórico-artístico e, sen embargo, mira para outro lado desde hai nove anos”; facendo mención tamén á “negativa reiterada aos investimentos que o BNG estivo propondo nos sucesivos debates dos orzamentos da Xunta”.

Tamén o portavoz municipal do BNG –Emilio Mesías– fixo referencia ás “condicións inxustas que o Ministerio de Defensa impón ao concello de Ares en virtude dun acordo de cesión de uso que obriga á instituciòn ao mantemento dunhas instalacións que poden reverter no Ministerio de Defensa cando éste as reclame, sen direito a indemnización algunha para a institución municipal” e reclamou a “inmediata constitución dun ente inter-administrativo no que participen o Concello, a Xunta e a administración do Estado; e no que se definan as actuacións prioritarias a desenvolver partindo do Plan Director e os investimentos económicos necesarios e prazos para desenvolvelos”.

Precisamente, nesa mesma liña X. Luis Rivas “Mini” comprometeuse a presentar perante o Parlamento Galego as iniciativas “para que a Xunta exerza realmente as súas competencias, apostando por unha política de colaboración no mantemento do conxunto histórico-artístico en troques de manter unha situación como a actual, que fai recaer os custos do mantemento dun ben propiedade do Estado na veciñanza do concello”

Lea también

San Sadurniño otorga ás familias preto de 23.500€ en axudas ao estudo

23.496,20€, importe total que o Concello de San Sadurniño distribuíu en forma de axudas entre …