Sinde acollerá o vindeiro venres o II Torneo Feminino de Fútbol 8 da SD O Val

Instante da presentación – Concello de Narón

O concelleiro de Deportes de Narón, Román Romero, e o presidente da Sociedade Deportiva O Val, Antonio López, presentaron esta mañá no Concello o “II Torneo Feminino de Fútbol 8” que terá lugar o vindeiro venres, 14 de abril, nos dous campos de fútbol de herba artificial de Sinde, na parroquia do Val. Os partidos disputaranse a partir das 10.30 horas, estando prevista a entrega de trofeos para as 19.45, tal e como apuntou Romero, que animou á veciñanza a acudir a este evento deportivo, no que colabora o Padroado de Deportes de Narón.

A maiores dos equipos “A” e “B” da Sociedade Deportiva O Val, xogarán o C.D. Obrero; o C.U.D. Cebarca, o Eirís C.F; o Sporting Burgo; o Ural C.F.; a A.C.D.R Santa Mariña; o Rayo Sadense e o C.D. Cariño, tal e como indicou López, coordinador deste evento. O presidente da Sociedade Deportiva O Val explicou que os encontros terán un tempo único de duración de vinte minutos, clasificándose os catro primeiros de cada grupo para cuartos de final. Nunha segunda fase, apuntou, xogaranse os cuartos de final, a modo de eliminatoria directa –partidos de dous tempos de quince minutos cada un- e os equipos gañadores irán ás semifinais. A final, que dará somezo sobre as 19.00 horas, terá unha duración de vinte minutos.

Ao remate deste torneo entregaranse medallas aos participantes e o primeiro e segundo equipo clasificados levarán un trofeo. O presidente da Sociedade Deportiva O Val agradeceu a colaboración do Concello de Narón neste evento deportivo.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …