Torneo da Liga Impact Legacy, en Narón

A terceira edición do torneo da Liga Impact Legacy deste ano terá lugar este sábado, día 8, no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro (no número 7 da rúa Manuel Antonio).

A Asociación Cultural Impact organiza este evento co Concello, no que se estima a participación dunha trintena de persoas chegadas de diferentes municipios de Galicia e Asturias.

As inscricións poderán formalizarse a partir das 10.00 horas do mesmo día da convocatoria, xa que as partidas comezarán ás 10.30.

Os participantes xogarán coas cartas Magic The Gathering, aínda que, tal e como indicaron desde a organización, nun formato distinto ás dúas edicións celebradas anteriormente desta liga. Trátase dunhas cartas cun prezo máis elevado que as que se precisan para os torneos de Modern, o que polo xeral, explican, reduce considerablemente a cifra de participantes neste tipo de competicións. Haberá varios premios para os mellor clasificados.
As persoas interesadas en recibir máis información poden consultar a páxina web da Asociación Cultural Impact: www.impactreturns.com.

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en la segunda edición del Torneo ‘Escolas Indoor’

En jornada matinal de este pasado domingo se celebró en el pavillón da Mocidade de …