Sétimo posto para Marcos Ruiz e quinto para o equipo junior do Triatlón Ferrol

Marcos Ruíz durante a proba – Triatlón Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya volve de Vall d’Uixó coa alegría de que o equipo junior puidese resarcir a mala fortuna dos cadetes.

Na categoría junior, Marcos Ruiz quedou a 16 segundos do podio, sendo sétimo e mellor galego no campionato de España de dúatlon. O seu tempo, xunto ao de Iván Puentes -22º- e ao de Iker Pita -69º- déronlle ao Triatlón Ferrol a quinta praza por clubes, sendo igualmente o mellor equipo galego. Pola súa banda, Emma Romeo estivo preto de entrar no top-20 sendo 22ª.

En cadete, a Escola Javi Gómez Noya entrou no top-10 como oitavo mellor club aínda que o bo resultado ten un sabor agridoce polas dúas caídas de Juan Rejas, que o retrasaron á 82ª posición, e o accidente que tamén sufriu Yago Suárez, que puido ser o mellor do equipo entrando en meta 51º. Con David Campos 55º e Jesús Rodríguez 63º, o Triatlón Ferrol mantívose entre as canteiras máis potentes de España. De feito, aínda quedaban como reservas para puntuar Jorge Morado -65º-, o propio accidentado Juan Rejas, Álvaro Ordiales -239º-, Carlos Pedrosa -245º- e Bruno Leirachá -253º-.

En grupos de idade, na categoría dos máis novos, o ferrolán Pablo Pedrosa finalizou en 77ª posición cun tempo de 1:09:22.

Lea también

Triple sobre la bocina del BBCA masculino para recuperar la sonrisa con una victoria épica

Épica victoria del Costa Artabra sobre la bocina, en un trabajado encuentro este sábado ante …