O BNG de Fene sae ao paso das declaracións do portavoz do PP

A Responsábel Local do BNG de Fene quere saír ao paso mediante un comunicado das declaración realizadas polo portavoz del PP de Fene e exalcalde, Gumersindo Galego, en relación ao anuncio da licitación da renovación dos servizos na Avenida das Pias.

Sinala que » o PP distorsiona a realidade e minte, ben por descoñecemento ben por mala fe.
A obra que se ten anunciado de importe superior aos 300.000 € vai a supoñer a solución por moitos anos das roturas da tubaxe da auga na Avenida das Pías. Nesta zona entra a traida de auga para todo o Concello, polo que é moi importante solucionalo.

O portavoz do PP retorce a realidade cando di que se aprobou en 2015, o que se aprobou polo Pleno en 2015 foi a solicitude da obra a Deputación dentro dun dos Plans provinciais, unha vez concedida a axuda provincia, encargouse o proxecto en novembro de 2015 e foi aprobado polo Pleno o 6 de abril de 2016. Polo tanto non hai nin un ano que se ten aprobado o proxecto.

Os nacionalistas queremos recordar que en agosto de 2016 o Alcalde do BNG cesou das súas funcións, entre outros, ao delegado de obras. Esta concellaría de obras no mes de agosto de 2016 tiña os proxectos parados e sen iniciar os procedementos de licitación.

ADXUDICACIÓN DE OBRAS

Goberno en Minoría, o BNG e IU con 5 membros de 17 da corporación ten formalizada a adxudicación das seguintes obras do Plans provinciais nos últimos meses:
1-Acondicionamento e mellora da rúa Travesa 41.253,01 €
2-Pavimentacións varias en Barallobre e Maniños e alumeado público no entorno da pista polideportiva de Magalofes 34.897,95 €
3-Pavimentación da estrada de Laraxe dende Areosa (Limodre) 24.822,37 €
4-Pavimentación nos camiños da Revolta a Formosende (Fene), rúa Río Cádavo (Perlio), de Castro dende os Loureiros (Barallobre) e Valadoiro 47.815,31 €
5-Mellora da drenaxe e reforzo do firme no núcleo de Lubián (Sillobre)- 49.575,92 €
6-Pavimentación do camiño do Catalán (Maniños) – 66.489,08 €
7-Mellora de camiños municipais: camiño do Cemiterio de Campanario (Limodre) e camiños da Ribeira-Barreiro e do Belelle (Sillobre)» 56.562 €. E ten iniciado o procedemento desta obra, a máis complexa polos importes e autorizacións.
8-Renovación de servizos e pavimentos na Avda. das Pías (Estrada FE-14) Fase 1. 293.504,35 €

Para o BNG resulta lamentable a vontade de prexudicar a imaxe da administración local do PP, cando Fene funciona mellor que en moitos anos no que ten que ver con prazos e procedementos».

Lea también

Arteixo Telecom presenta un ERTE de casi un año para toda su plantilla en As Pontes

UGT informa de que Arteixo Telecom ha presentado un Expediente de Regulación Temporal de Empleo …