O BNG de Ferrol lamenta que non se aproveitara a visita do Subsecretario de Defensa

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera ridículo que o goberno local se desprace mañá a Madrid para abordar o futuro do convenio con Defensa nunha reunión con funcionarios deste Ministerio cando hai dous días o Subsecretario de Defensa estivo na cidade e deixou como agasallo a venda mediante poxa pública da vella sede de facenda na cidade.

Para o BNG é absolutamente sorprendente que este goberno e o alcalde de Ferrol non aproveite a visita do subsecretario de defensa á cidade para expoñerlle a problemárica que supón o actual convenio e o déficit estructural de ingresos da cidade pola ocupación de máis do 20 % do solo urbano do Concello que non paga impostos e no canto diso dous días despois decide acudir a Madrid a reunirse con funcionarios que non teñen potestade para resolver ningún destes problemas.

Para o BNG é fundamental que se mude a perspectiva e os obxectivos que non poden pasar por incrementar o patrimonio en ruina e abandonado nunha cidade que non ten recursos económicos para mantelo e por tanto cumpre esixir ás administracións propietarias destes inmobles que paguen os impostos que lles correspondan e manteña as edificacións nun estado de conservación adecuado do mesmo modo que se lle esixe a un particular.

E por tanto cumpre que en lugar de insistir en modificar o mesmo convenio como fixo o PP se inicie o proceso de anulación dun convenio polo que ademais de todo o anterior supón pagar 0,5 millóns de euros, permitir a construcción dun centro comercial e 460 vivendas.

Lea también

Llega a Ferrol la exposición Promoción de actuacións financiadas cos fondos europeos

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, ha inaugurado en la mañana de este viernes …