O Concello de Narón ofrecerá asesoramento sobre o proceso de regulación catastral

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas está procedendo a iniciar no termo municipal naronés os trámites relativos á regularización catastral, obrigatorios por lei. Veciñanza da localidade recibiu nos últimos días cartas procedentes do citado Ministerio co fin de dar cumprimento á citada regularización. Por este motivo, tal e como indicou o edil de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, o Concello de Narón ofrecerá aos veciños e veciñas con propiedades no municipio asesoramento pertinente ao respecto. “Trátase dun servizo que complementará ao que xa se viña facendo no Concello coa oficina do Catastro localizada na planta de acceso e que atendía unha persoa, pero que a partir do vindeiro xoves, día 9, contará coa colaboración de tres técnicos máis para poder ofrecer á veciñanza a información pertinente relativa á regularización catastral e ás cartas que están recibindo nos seus domicilios”.

O edil subliñou que “a pesares de que non se trata dun asunto de competencia da administración local”, desde o goberno local, incidiu, “trataremos de colaborar cos naroneses e naronesas e evitarlles que teñan que desprazarse ás oficinas do Catastro na Coruña para informarse sobre os trámites e as xestións que deben realizar unha vez recibidas as comunicacións enviadas desde o Ministerio de Facenda”.

As persoas interesadas en recibir asesoramento por parte da oficina localizada no Concello naronés poderán facelo de luns a venres, en horario de 8.30 a 13.30 horas, tal e como apuntou o edil naronés.

Lea también

Odeón activa la 5ª edición de la campaña ‘Re-Fashion’ con el objetivo de recoger ropa usada y donarla al CRS de Narón  

La 1ª planta del Centro Comercial Odeón de Narón, acoge desde este miércoles la campaña …