O Foro Ferrol Vivo organiza “Mulleres sobre mulleres. A nosa vida en Ferrol”

Cartel do evento – Foro Ferrol Vivo

Mulleres sobre mulleres. A nosa vida en Ferrol” é o título da tertulia que organiza o Foro Ferrol Vivo o vindeiro sábado 11 no Lea librería-caférúa Arce, esquina con Igrexa– co gallo da conmemoración, mañá martes, do Día Internacional das Mulleres. Esta actividade vai dirixida a todo o público en xeral, se ben, como non podía ser doutro xeito, as mulleres serán as protagonistas.

Así, como explicou a voceira do FFV, Eva Martínez, trátase dun pequeno acto, de compartir experiencias a carón du café, “de falar da nosa vida como mulleres na nosa cidade, Ferrol”. Por iso, están convidadas a participar neste acto mulleres de diferentes perfís para explicar a súa experiencia, de modo que “contaremos con mulleres traballadoras por conta allea e emprendedoras, paradas, avoas, mozas, migrantes ou sindicalistas, entre outras, para contar cómo é o noso día a día, qué problemas temos e que solucións cremos que se poden artellar para mellorar a nosa calida de vida, garantir a conciliación e acadar o obxectivo máis importante: a igualdade”.

Martínez animou a mulleres –pero tamén a homes, “que se realmente cren na igualdade deben participar activamente da loita do feminismo, comezando por escoltarnos”, dixo- a acudir a esta actividade, que terá lugar ás once da mañá.

Como acontece con todas as iniciativas que promove o Foro Ferrol Vivo, as propostas que se concreten nesta actividades formarán parte do programa de reivindicacións e actuacións de futuro deste espazo de debate e ideas.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …