O Aldebarán quere encher o pavillón na primeira cita co ascenso

Aldebarán en la Copa Príncipe 2017

O Aldebarán-Intasa inicia este sábado un momento histórico. O segundo despois de conseguir a Copa Príncipe o ano pasado. Como segundo clasificado do Grupo A da SM2 será un dos catro equipos que disputarán ata o 8 de abril a fase de ascenso á Superliga.

Canda os de aquí haberá outro equipo galego, o Náutico Boirolíder do Grupo A-, e dúas formacións da outra banda do Estado, o Sant Pere i Sant Pau de Tarragona e o UBE L’Illa Grau de Castellón. Aos de Boiro xa os coñecen de vello. Ao Sant Pere i Sant Pau tamén, xa que foi o equipo que lles arrebatou a copa este ano.

A incógnita é o UBE L’Illa Grau, un equipo formado para o ascenso que se empoleirou á cabeza do Grupo B con autoridade e que, polo tanto, semella ser o rival a batir por todos, aínda que rivais a batir sexan tamén todos. Baixo a dirección de Iñaki Bescósxogador reconvertido a adestrador que se formou, precisamente, no Sant Pere i Sant Pau– os castellonenses loitan por volver a unha categoría na que xa estiveron até 2016.

O Aldebarán-Intasa estréase recibindo a esta formación na tarde do sábado a partir das 19.30h. E para o partido quere contar co máximo apoio da afección tanto neste partido como no da próxima semana, tamén na casa, no sempre apaixoante derbi contra o Boiro.

Contando o de mañá, o Aldebarán-Intasa deberá xogar seis partidos, tres fóra e tres na casa. O último deles o 8 de abril sendo anfitrión do Sant Pere i Sant Pau.

En resume, o Aldebarán-Intasa enfronta a recta final dun camiño iniciado hai 5 anos, cando ascendeu á división de prata do volei estatal. Desde aquela o equipo foi avanzando pouco a pouco e mellorando resultados ata chegar ao equipo actual, ben engraxado e con valía técnica sobradamente contrastada para estar na máxima categoría.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …