Sábado de Entroido na AAVV O Castelo de Narahío

A Asociación veciñal “O Castelo de Narahío” volve organizar o seu tradicional entroido este sábado con dúas partes ben diferenzadas: unha de tarde pensada para os nenos e nenase tamén para papás e mamás– e outra pola noite para persoas adultas.

Así, a sesión infantil-familiar estará animada por La Guagua, a partir das 18:00 horas, mentres que pola noite tomará o relevo o coñecido showman, cantante e picadiscos Dani Ríos, a partir das 23:00 horas. A él tocaralle mover as máscaras nun espectáculo que sae do convencional baile de entroido. Ademais tamén haberá desfile de disfraces con premios para os mellores e o sorteo dunha cesta con produtos típicos desta época.

Lea también

Alumnado del CIFP Leixa en Ferrol visita la exposición de maquetas de Carlos Macías

La concejala de Turismo de Ferrol, Maica García, acompañó al alumnado del curso de Animación …