O Triatlón Ferrol compite este domingo no Dúatlon de Riveira con 13 deportistas, dos que unha decena deles buscarán a clasificación para o campionato galego.
Despois de verse obrigada a abandonar por molestias musculares en Guitiriz, a junior Emma Romeo tentará clasificarse de novo para a cita autonómica.
Mentres, os veteranos David García, Juanchi González, David Arias e Marcos Caneiro, o cadete Yago Suárez, o junior Iker Pita, o sub-23 Pablo Pedrosa e o absoluto Alberto Caneiro farán o propio, co reto engadido de manterse no podio dos mellores equipos do circuíto galego.
O equipo ferrolán complétase cos cadetes Carlos Pedrosa e Jesús Rodríguez e o absoluto Iván Gómez na saída sen tempo de corte.
O Dúatlon de Riveira terá lugar este domingo nun circuíto de 5 km de carreira a pé, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira finais.