Triunfo de Melina Alonso e prata ao sprint para Marcos Ruiz no Dúatlon de Lugo

Marcos Ruiz no sprint previo a meta – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol rematou o Dúatlon de Lugo coa vitoria de Melina Alonso, un apertado segundo posto de Marcos Ruiz e o bronce na clasificación por clubs.

Xogándoo todo a un sprint final duns 500 metros, o junior Marcos Ruiz conseguiu o subcampionato dunha esixente proba. Tras del, nun amplo pelotón perseguidor, o cadete Juan Rejas entrou en 13º posición, o que lle dá clasificación directa para o campionato galego da especialidade.

Sumando os tempos dos canteiráns co de Juanchi González, o Triatlón Ferrol encadea a terceira semana consecutiva no podio sendo o terceiro mellor club da xornada.

Pola súa banda, Melina Alonso agardou ao ciclismo para soltar ás súas rivais e así non deixar dúbida desde o último sector a pé de que sería a vencedora do Dúatlon de Lugo.

Completaron a participación do equipo departamental Marcos Caneiro33-, Carlos Cándamo34-, Alberto Caneiro45– e Iván Gómez89-.

O Dúatlon Cidade de Lugo tivo lugar este domingo nun circuíto de 5 km de carreira a pé, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira finais.

Lea también

Derrota en un buen partido, pero con lesión grave, para el Valdetires Ferrol

El Valdetires Ferrol dio la cara ante un equipo que aspira al ascenso en esta …