Narón sortea o luns as trece prazas da campaña de esquí da Deputación

Un total de cincuenta e catro persoas solicitaron unha das prazas ofertadas a través da Campaña de esquí 2017 impulsada desde a Deputación da Coruña, coa que se ofertan no municipio naronés un total de trece vacantes. Ao superar a demanda á oferta, o vindeiro luns, día 30, procederase a realizar no Concello un sorteo público, ás 12.00 horas no salón de plenos e perante o Secretario xeral do Consistorio, Alfonso de Prado, para sortear as prazas existentes. Terán preferencia á hora da concesión aqueles rapaces e rapazas que non participaron en anteriores Campañas de esquí da administración provincial, tal e como se establece nas directrices estipuladas polo citado ente.

Os agraciados desprazaranse na semana do 19 ao 24 de febreiro –na primeira quenda establecida- á estación invernal de Leitariegos, en León, donde gozarán da súa estancia e da práctica do esquí. O prezo da iniciativa é de 95 euros, cantidade na que se inclúen os gastos de desprazamento, estancia, manutención, seguros e material.

Lea también

Xosé Miguel Mahía renunció al acta de concejal de Mugardos por motivo de estudios en el extranjero

La noticia, aunque no era oficial, se hizo real en la mañana de este miércoles, …