Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, afirmou esta mañá que unha das cuestións básicas na política económica da administración local son as ordenanzas fiscais, que se exerce sobre os veciños do Concello, sendo por este motivo que demandou ao goberno local a presentación da proposta de Ordenanzas Fiscais para o ano 2017 e demandoulle, tamén, explicacións sobre o grado de cumprimento dos acordos e compromisos aos que este goberno chegara para as do ano 2016 a respecto deste tema.
Iván Rivas sinalou que a ordenanzas fiscais do vindeiro ano deberían ter en conta aspectos fundamentais. «Como xa insistiu o BNG o ano pasado, consideramos fundamental que esa política fiscal debe ser a base para desenvolver unha política económica diferente, unha política económica que se base en desenvolver os intereses dos veciños, e polo tanto revertir a dinámica adoptada no anterior mandato do Partido Popular de incrementar a presión fiscal aos veciños e veciñas tal e como aconteceu no anterior mandato». «Para o BNG esa é unha das primeiras cuestións que este goberno deberia asumir revertir os incrementos desenvolvidos durante o mandato do PP. Incrementos que se desenvolveron ao longo dos catro anos anteriores en varias ordenanzas como o feito de que teñamos que pagar porla expedición de documentos que se tramitan nesta administración local, algo que os veciños desta cidade non teñen porque asumir, os incrementos desenvolvidos na taxa de saneamento, non na que ten que ver coa vinculada cos interceptores xerais e o convenio de ACUAES senón na taxa de sanemaento que xa existía previamente ao convenio asinado con ACUAES», apuntou o voceiro nacionalista.
Rivas asegurou que este incrementos que se produciron tanto no ano 2013 (un 35%) como no 2014 (un 24%), ou os incrementos experimentados na taxa do lixo en 2013 (un 34 %), e aínda que no ano 2014, sufriu unha rebaixa do 10%. «É obvio que con respecto ao ano 2012 temos un custe dese recibo do lixo que supera o 24% para todo o ámbito desta cidade», criticou o nacionalista. «Incrementos, que se produciron tamén na taxa de prestación de servizo de bombeiros e que esta administración o actual goberno municipal asumiu todos estes incrementos na política fiscal que desenvolveu a traves das súas ordenanzas para este ano 2016», recordou.
«Para o BNG é preciso que un dos compromisos políticos, que o BNG asumiu previo a este novo mandato, se lle de cumprimento como é a derogación da taxa de saneamento. Agora si falamos da taxa asociada ao convenio con ACUAES. Unha taxa que na actualidade esta suspendida pero que desde o BNG cremos que deberiamos derogala porque cada vez se fai máis evidente que o convenio asinado coa empresa ACUAES o único que produciu e esta a producir son perxuizos aos veciños e veciñas desta cidade», dixo Rivas, considerando que o Concello «non só deberia derogar esta taxa senón que deberia denunciar este convenio polo feito de que os custes que imos a ter e que estamos a asumir os veciños de Ferrol pola construcción dunha infrestructura, declarada de interese xeral, e que deberia asumir o estado cada vez son maiores. Para o BNG hai motivos suficientes para denunciar un convenio que esta a acumular retrasos e que deberia estar rematadas esas obras a decembro de 2015. Retrasos dos que os veciños de Ferrol e dos que esta admnistración local non ten ningun tipo de responsabilidade, cremos que son motivos suficientes para denunciar e rachar un convenio que impuxo unha taxa que para nós é inasumíble e que debería selo para este goberno local aínda que parece que non toma ningun tipo de decisións ao respecto».
«Para o BNG tamén é fundamental vincular ás novas ordenanzas fiscais é o cobro de impostos as institucións que teñen unha presenza importante no territorio do concello, como é o Ministerio Defensa e as edificacións que posúe a igrexa católica. Edificacións que non se limitan a vivendas, que incluen baixos comerciais ou aparcadoiros ou en relación con o Ministerio de Defensa, espazos como os que ocupa o Sánchez Aguilera, que son espazos desafectados e que por tanto deberían ter e teñen a obrigar de pagar os impostos igual que o resto de veciños deste concello. Pedimos, pois que as propiedades da igrexa e do Ministerio de Defensa que teñen a obriga legal de pagar que o fagan e que por tanto esta adminsitración local esixa o pago destes impostos», sinalou o nacionalista, indicando que «é preciso iniciar dunha vez por todas o proceso para que o Ministerio de Defensa e o Estado paguen unha compensación a esta cidade pola ocupación de máis do 20% do solo urbano da cidade e que provoca que teñamos un deficit estructural de ingresos que fai moi dificil que este conceo teña unha viabilidade esconómica con este probema de ingresos que parece que o actual goberno local non quere asumir nin enfrontar».
«E o que tamén quixeramos é coñecer cal é o cumprimento dos compromisos adquiridos no 2016 que se trataba de elaborar un informe do custe do servizo deas taxas, compromisos que pasaban poa eaboración dun censo de propiedades de Defensa e da igrexa para poder cobrarlles os impostos e o compromiso de rexeitar o catastrazo imposto polo Partido Popular que tiña afán recadatorio e que en base dunha mción do BNG aprobouse a non aplicación do carácter retroactivo desta medida no noso concello», concluíu crítico Iván Rivas.
La «derecha» subiendo impuestos y la «izquierda» solicitando bajarlos … el mundo al revés.