Cabanas organiza un xantar de Nadal con máis dun centenar de veciños

Un total de 136 veciños de Cabanas tomarán parte este venres no Xantar de confraternidade que, cada ano, promove o Concello nas vísperas das festas de Nadal. Onte concluía o prazo para anotarse na cita, que terá lugar no Hotel Iberia.

No transcurso do xantar, o alcalde, Germán Castrillón, avanzou que «o Concello, unha vez máis, homenaxeará ó matrimonio presente que leve máis anos xunto e non recibise este pequeno tributo a unha vida en común en edicións anteriores. Tamén ó veciño ou veciña de maior idade que comparta ese día mesa», apuntou.

O menú do xantar inclúe empanada, sopa, cocido e postre, así como unha selección de doces de Nadal. E, trala comida, os asistentes poderán disfrutar dun baile amenizado con música en directo, a cargo do Dúo Tribal.

Lea también

El ciclo municipal de teatro Ven o Vernes trae a Valdoviño “Ragazzo”

El espectáculo se celebra este viernes 11 a las 20:30 horas en la casa de …