Entran en vigor as rebaixas nos recibos da contribución e do rodaxe aprobadas polo Concello de Cabanas

O Concello de Cabanas informou esta mañá da entrada en vigor das modificacións das ordenanzas fiscais reguladoras do imposto de vehículos de tracción mecánica (rodaxe) e imposto de bens inmobles (IBI) aprobadas no pleno do 26 de outubro. Segundo a tramitación administrativa marcada por lei, o 3 de novembro publicábanse os cambios no Boletín Oficial da Provincia, abríndose un periodo de 30 días para a presentación de alegacións. Vencido o prazo e, ó non haber alegacións, as bonificacións quedaron aprobadas definitivamente a partir dese momento.

Nesta liña, o alcalde, Germán Castrillón, informou de que os interesados xa poden solicitar as bonificacións e exencións aprobadas. Deste xeito, «o Concello está a realizar un importante esforzo nesta materia e, aínda que é evidente que lle gustaría asumir novas iniciativas neste senso, é preciso facelo con racionalidade», informou, engadiendo que «as medidas aprobadas permitiranlle ós propietarios de vivendas ubicadas no Parque Natural das Fragas do Eume reducir o recibo do IBI nun 30%. Cabanas se convirte así no primeiro municipio do entorno en aplicar este tipo de medidas coas que se pretende dar facilidades ós residentes, en contraposición coas restricións que xa soportan. Beneficiará os veciños dos núcleos de Soaserra – Os Lamas, Xabariz e Os Durás- e ós de Santa Cruz –O Barqueiro, Valedoso e A Lagoa-».

Así mesmo, a mesma modificación establece tamén unha bonificación do recibo de ata o 95% para aqueles inmobles que se adiquen en exclusiva a actividades gandeiras, agrarias, pesqueiras, forestais ou do sector naval. Unha forma de incentivar estes sectores produtivos no concello.

Co ánimo de aliviar a carga do imposto para as familias numerosas, aprobouse tamén unha rebaixa do recibo de entre o 25 e o 90% -segundo o número de fillos e ingresos-, sempre e cando o valor catastral da vivenda non exceda os 32.000 euros. Tamén, coa intención de favorecer medidas de aforro enerxético entre a veciñanza, deuse luz verde a unha bonificación do 30% na cota íntegra para os inmobles que instalen sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico procedente do sol.

Respecto ó rodaxe, Cabanas eximirá do pago ós vehículos para persoas que teñan recoñecida unha discapacidade en grado igual ou superior ó 33%, tanto conducidos por elas como destinados ó seu transporte. Así mesmo, os cambios aprobados facilitarán a xestión para tramitar a dedución, xa que se simplifica a documentación a presentar.

Así as cousas, o Concello está a realizar un importante esforzo para aliviar a carga fiscal dos veciños. E, estas últimas medidas, súmanse a outras como a rebaixa da cuota aprobada este curso para participar no programa de conciliación Mencer na Escola. Unha filosofía que está a guiar a súa acción e que ampliará conforme á situación e posibilidades económicas, asegurou o rexidor de Cabanas.

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …