Ultramar Village entrega os premios aos mellores escaparates e as mellores tapas do 2016

ultramar-premiosO concelleiro de Emprego e Promoción Económica, Álvaro Montes, participou este mércores da entrega de premios de Ultramar Village, que agrupa os hostaleiros e comerciantes do barrio, aos mellores escaparates e as mellores tapas do ano 2016.

Son os premios de dous certames I Concurso de Escaparatismo ‘Escaparate Ultramar‘, e IV Concurso gastronómico ‘TapAtí’, que se desenvolveron en abril e agosto co apoio do Concello de Ferrol, a través de Promoción Económica.

No certame de escaparates, participaron 9 establecementos e o primeiro lugar foi para Federópticos Begoña Lorenzo. O segundo lugar foi ocupado por Nattex Ferrol e completou o podio AK Anukas Beleza e Sol. Moi preto, pero xa fóra dos tres primeiros postos, quedou Lía Complementos.

Na IV edición do certame de tapas, do 26 ao 28 de agosto, participaron 13 establecementos de hostalería. O requisito era que o ingrediente fundamental da tapa tiña que ser o mexillón cociñado de calquera forma que non fose ao vapor. O xurado acordou que o primeiro posto fose a mans de Nuevo Pisani, polo seu ‘Mexillón con espuma de mar’.

En segundo lugar quedou Puro Gusto, con ‘Guabao de mexillóns en alta mar’, seguido de Mesón A Cafurnada, con ‘Tartar de mexillóns e tomate sobre tosta de pan de pasas e noces’.

Lea también

Trabajadores de Navantia Ferrol se concentran ante la sede del PSOE para denunciar «listas negras» en Cádiz

Varias decenas de trabajadores convocados por el sindicato CGT se han concentrado en la tarde …