Arranca en Cabanas «Tempo de familias: compartindo experiencias»

O Concello de Cabanas vén de abrir o prazo de inscrición no programa municipal Tempo de familias: compartindo experiencias. Un programa que arrancará este mesmo venres 18 de novembro, ás 18:30 horas, na aula de usos múltiples do CEIP Eladia Mariño. Alí se desenvolverá o primeiro dos obradoiros, centrado no eido da nutrición. As persoas interesadas en tomar parte deben anotarse no Concello. De forma presencial, no departamento municipal de Servizos Sociais, ou a través do teléfono 981 49 59 59 extensión 6.

O deste venres será o primeiro dos tres obradoiros sobre nutrición, que se abordará a través do xogo, a educación e a intelixencia emocional. O obxectivo é que se convirtan nun recurso máis da labor dos participantes –nais, pais, nenos, irmáns e irás, avós e avoas- como coidadores e educadores. A duración do taller é dunha hora.

Lea también

Neda abre inscripción en un taller gratuito sobre el manejo de la plataforma digital ebibliodacoruna

La Casa de la Cultura de Neda ofrece un taller presencial el martes 12 de …