O Concello de Cabanas reedita o programa «Club +60: Encontro de Maiores»

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, anunciou esta mañá que o Concello retomará este venres o programa municipal Club +60: Encontro de Maiores. Unha iniciativa completamente gratuíta coa que, explicou o rexidor, «o Concello busca ofrecer unha alternativa de ocio ós maiores, que saian da casa e compartan o seu tempo con outros veciños». Deste xeito, facilítase un envellecemento activo e combátese a soídade, un problema que soe acompañar a este colectivo, especialmente na zona rural.

Así, as persoas interesadas en participar deben anotarse na Concellería de Servizos Sociais, ben na casa consistorial ben chamando ó teléfono 981 49 59 59 extensión 6. As sesións arrancarán este venres, 18 de novembro, no local social da SCRD San Mamede de Laraxe, de 17 a 18:30 horas. De constatar demanda, o rexidor avanzou que non descarta extender o programa a outras parroquias.

A partir dagora, todos os venres pola tarde, os maiores poderán compartir experiencias e recuperar costumes e tradicións; compartir tempo con xogos de mesa; exercitar a mente con actividades de estimulación cognitiva, e mesmo realizar algunha excursión.

Lea también

El Club de Remo de Ares prepara su fiesta de presentación

El Club de Remo de Ares prepara su fiesta de presentación. La cita tendrá lugar …