O Concello de Cabanas conclúe os traballos de acondicionamento da rúa da Fonte

obras-rua-da-fonte-14-11

Cumplindo cos prazos marcados, o Concello de Cabanas informou esta mañá do remate dos traballos de pavimentación na rúa da Fonte, ubicada entorno do consistorio. A intervención contou cun orzamento de 46.239,59 euros e incluiuse no paquete de obras presentados ó abeiro do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación provincial da Coruña.

Segundo explicou o alcalde, Germán Castrillón, «a intención do Concello foi remediar o avanzado estado de deterioro do vial, que se divide en tres treitos diferenciados polo ancho medio da calzada, entre os 3 e os 7 metros. En total, suman 119 metros de lonxitude, nos que os operarios levantaron o firme para, posteriormente, proceder á pavimentación que, neste caso, se realizou con formigón», explicou o rexidor.

Lea también

Neda abre inscripción en un taller gratuito sobre el manejo de la plataforma digital ebibliodacoruna

La Casa de la Cultura de Neda ofrece un taller presencial el martes 12 de …