Alertan sobre unha empresa que visita domicilios de Narón para facer análises de auga

cosma naron 31-8concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, alertou sobre a existencia dunha empresa allea ao Concello de Narón e á empresa mixta Cosma –concesionaria do servizo de abastecemento- para realizar análises de auga en domicilios da localidade.

O edil naronés recordou que o persoal da compañía Cosma, realiza periodicamente exhaustivos controis da calidade da auga distribuída no municipio, atendendo á planificación de análises marcada no Protocolo de Autocontrol aprobado pola Autoridade Sanidade (analíticas realizadas en laboratorio certificado no sistema de Xestión de Calidade –UNE-EN ISO 9001:2008- e tamén Sistema de Xestión Medioambiental –UNE-EN ISO 14001:2004-).

Así mesmo, Santalla recalcou que o persoal de Cosma, que viste na súa xornada laboral o uniforme co logo da empresa, «nunca entra nos domicilios para facer as análises, a non ser que así o solicite o propietario da vivenda, porque existen puntos determinados na rede e en edificios municipais para tomar as mostras necesarias para realizar as probas pertinentes».

Á vista de que unha empresa está visitando domicilios para analizar a calidade da auga, Santalla recalcou que «en ningún momento ese persoal pertence a Cosma ou ao Concello de Narón».

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …