Este sábado nova edición do Camouco Rock con duas bandas de Ferrol e San Sadurniño

Os ferroláns M.A. - Mon IP & Albert YK
Os ferroláns M.A. – Mon IP & Albert YK

A Agrupación Instrutiva de Caamouco xa ten todo en marcha para unha nova edición do Caamouco Rock. 

O festival, chamado a converterse nunha cita clave do panorama musical da comarca, segue apostando polas bandas de proximidade. Ao escenario da Agrupación subirán este ano os ferroláns M.A. – Mon IP & Albert YK e os Sandford Music Factory, chegados dende San Sadurniño.

A cita será este sábado 22 de outubro, a partir das 23.00 horas, no centro social da Agrupación Instrutiva de Caamouco. A entrada, como sempre, é libre e de balde. 
As bandas convidadas 

Sandford Music Factory naceu no ano 2000. Con tres discos publicados, a banda afástase das modas e tendencias, levando na sangue o seu xeito de entender o rock. O cuarteto bebe do rock clásico, inspirándose en The Who ou Led Zeppelin, pero tamén do grunge, con Pearl Jam e Alice In Chains como referentes.
Logo de dous díscos publicados, no 2015, tras un exitoso proceso de crowdfunding, saíu á luz “Natural Behavior”, un proxecto que este sábado tamén presentarán ao público da Agrupación Instrutiva.

M.A. – Mon IP & Albert YK, entre tanto, propóñennos gozar dunha boa sesión de grunge ao máis puro estilo dos anos noventa. No repertorio, música de Nirvana, Pearl Jam, Soundgarden, Alice in Chains e moitas outras sorpresas.

Sandford Music Factory, de San Sadurniño
Sandford Music Factory, de San Sadurniño

Lea también

La oficina móvil para emigrantes que regresan estará en Neda el 28 de mayo

La Oficina Móvil de asistencia a los emigrantes retornados llega el próximo miércoles 28 de …