Cabanas acolle a presentación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro

O Concello de Cabanas acollerá a presentación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte. Así o avanzou esta mañá o alcalde, Germán Castrillón, que emprazou a particulares, asociacións, confrarías e entidades públicas a participar na xuntanza e informarse así de primeira man da liña de axudas que se abre para o territorio. A cita celebrarase o 11 de outubro ás 19:30 horas no salón de plenos do consistorio (rúa do Concello, no 3).

Nela, explicarase polo miúdo quen pode acceder a estas axudas, os requisitos que hai que cumprir, a tipoloxía de proxectos que se poden presentar, a intensidade das axudas que se poden recibir, os trámites a seguir e a documentación a presentar, e os prazos de presentación das mesmas, entre outros.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar para a xestión das axudas do Fondo Marítimo e da Pesca 2014-2020 no ámbito territorial que abarca dende Narón ata Paderne.

Os interesados en obter máis información poden acceder a ela a través do seguinte enlace: http://galpgolfoartabronorte.blogspot.com.es/

Lea también

El taller de primeros auxilios en la infancia celebrado en Neda goza de excelente acogida

Excelente acogida brindada por el vecindario al taller de primeros auxilios en la infancia, promovido …