Entroido 2012 en Fene

Concello de Fene

A Concellería de Cultura infórmanos da programación prevista para o entroido fenés do 2012, a cal arrincará o xoves 16 de febreiro, ás 18.00 h, cunha sesión de contacontos na Biblioteca Pública Municipal «Xosemaría Pérez Parallé» a cargo da compañía Trinke-Trinke.

O martes 21 de febreiro, de 17.30 h a 21.30 h, celebraremos a tradicional festa infantil coa actuación da Orquestra Madeira. Na hora do descanso tódolos nenos e nenas poderán repoñer forzas degustando as lambetadas do entroido grazas a colaboración de:

  • Panadería Ramón (Sillobre)
  • Panadería “El Cruce” (Maniños)
  • Panadería A Ábroa (San Valentín)
  • Pastelería “Larpeiradas” (Perlío)
  • Pastelería Amaría (Fene)
  • Confitería Sara (Perlío)
  • Confitería Martínez (Fene).

Ao día seguinte, mércores 17 de febreiro, ás 17.30 horas terá lugar a concentración de comparsas na Rúa Río Cádavo (Perlío) para continuar  polas rúas: Avda. Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avda. Naturais, con remate na Praza do Concello. Todas as persoas que vaian disfrazadas poderán acompañar ao boneco durante o desfile.

A continuación, leerase o testamento, queimarase o boneco e os fogos de artificio.

Para rematar, arredor das 21.00 horas comezará o baile coa orquestra Capitol.

Lea también

Arrancan en As Pontes las segundas Jornadas en Gestión Forestal Sostenible

La parte teórica se impartirá en el local de la asociación de empresarios SEARA, en …