O Concello de Sopela é o organizador do Surf business meeting, encontro profesional do turismo de surf, no que participaron representantes dos destinos de surf máis destacados de Europa: Ericeira e Viana do Castelo representaron a Portugal; Biarritz e Hossegor a Francia; Salinas a Asturias; Ribamontán al Mar a Cantabria; Sopela, Zarautz e Donostia a Euskadi; e Ferrolterra a Galicia.
O destino turístico Ferrolterra estivo representado baixo a marca Costa das Ondas, marca resultante do plan estratéxico realizado pola Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol no ano 2015. Este territorio foi o único de Galicia participante no encontro, posto que actualmente é o único destino de Galicia que está a desenvolver un produto turístico sectorial de surf.
O encontro serviu, ademais de canle de promoción de Ferrolterra e Ortegal como destino de surf, de medio para o intercambio de información entres os diferentes destinos para a busca de posibles alineacións e colaboracións futuras. Neste sentido o concello de Sopela procurou que do encontro xurdiran ferramentas de traballo conxuntas entre a administración pública e o sector privado, por medio da posta en común das experiencias dos distintos profesionais da industria do turismo de surf.
Desde a mancomunidade valoran a invitación como unha oportunidade para coñecer e compartir as iniciativas de turismo de surf máis innovadoras e exitosas, así como para coñecer as últimas tendencias neste tipo de turismo e a súa evolución no ámbito nacional e internacional. É a primeira ocasión en que Ferrolterra participa nun foro profesional de surf xunto con outros destinos de surf mais consolidados. Alberto González, alcalde de Valdoviño, foi o representante da mancomunidade, e estivo acompañado de Jacobo Suárez, consultor en turismo deportivo contratado pola Mancomunidade dentro do Convenio para a promoción turística asinado coa Xunta de Galicia.
Este encontro profesional enmárcase no Sopela kosta fest, festival que durante tres xornadas promociona a cultura local mariñeira, na que o surf ocupa xa un destacado lugar en Euskadi.
Costa das Ondas
Costa das ondas é o produto turístico sostible de surf do destino turístico Ferrolterra Rías Altas. Está liderado pola Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrolterra e participado polo sector del surf. Co obxectivo de desenvolver un sector económico entorno ao surf, ten como fin último acadar que o surf sexa un sinal de identidade da comarca. No ano 2015 realizouse o plan estratéxico e no ano 2016 se están a desenvolver as primeiras accións, para o cal se conta coa colaboración económica da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.