Próxima licitación de cinco obras en Fene

concello-feneOs servizos municipais do concello de Fene  están ultimando a licitación de cinco obras por un importe total de 567.840,50 euros.

As obras que proximamente sairán a concurso son:
·        Pavimentacións varias nas parroquias de Barallobre e Maniños así como obras de alumeado público na contorna da pista polideportiva de Magalofes cun orzamento de 42.226,52 €
·        Pavimentación da Estrada de Laraxe dende Areosa (Limodre). Orzamento 30.035,07 €
·        Mellora da drenaxe e reforzo do firme no núcleo de Lubián (Sillobre). Orzamento: 59.986,86 €.
·        Pavimentación do Camiño do Catalán (Maniños). Orzamento 80.451,79 €
·        Renovación de servizos e pavimentos na Avenida das Pías (Estrada FE-14). Fase 1 (marxe dereita). Orzamento 355.140,26 €

Lea también

Siguen abiertas las ayudas de la Xunta para compra de vivienda por menores de 36 años en municipios de menos de 10.000 habitantes

La actual convocatoria permanece abierta hasta el 16 de noviembre y conta con un crédito …