MoveNeda presenta a súa páxina web e o boletín informativo

concello-neda-30-4-660x330Este xoves día 15 de setembro ás 20:00 na Casa das Palmeiras de Neda, MoveNeda procederá á presentación da páxina Web e o segundo número do Boletín Informativo.  Con estas publicacións pretenden seguir informando ás veciñas e veciños de Neda da actividade do seu Grupo Municipal así como da actividade do Concello.

Do mesmo xeito pretenden que ambas sexan un medio de participación d@s veciñ@s na vida política municipal, achegándolles as súas inquedanzas ou facendolles chegar problemas existentes. Incluso estará aberta á participación a través da publicación de algún artigo que consideren de interese.

Lea también

Apertura nas Pontes do plazo de novo ingreso na escola infantil a Barosa

O Concello das Pontes informa de que desde este 20 de marzo ata o 15 …