Arrancan as obras para a construción do novo acceso ao pantalán das Forcadas

O Concello de Valdoviño iniciou esta semana a construción do novo acceso ao pantalán das Forcadas, sendo unha actuación que permitirá ensanchar considerablemente a pista actual e facilitar así o paso de autocares e tamén turismos con remolque.

Ata o dagora, o acceso está vetado para este tipo de vehículos, co que as persoas¡ que acuden ás actividades náuticas na zona e utilizan o transporte público para o seu desprazamento deben realizar a pé unha parte do percorrido. Así mesmo, ó non poder acceder con remolques, o traslado do material resulta unha tarefa non pouca compricada. Dar solución a ambas cuestións foron as principais motivacións para plantear a actuación que se desenvolve estes días e que o Concello prevé concluír este mesmo mes. O novo acceso contará con catro metros de ancho. Así mesmo, os traballos contemplan o asfaltado da vía, de 160 metros de lonxitude.

Paralelamente, e grazas á cesión de terreos de veciños e tamén da Cooperativa de Vilaboa, o Concello está a habilitar unha zona de aparcadoiro no entorno. O orzamento é de 28.000 euros, cofinanciado ó 50% por Concello e Xunta a través dunha subvención da Dirección Xeral de Turismo solicitada pola Administración local.

Lea también

La escuela infantil de Neda arranca el curso con 25 niños y matrícula abierta para cubrir plazas libres

Con el proceso de adaptación de los 25 niños y niñas que iniciaron el curso …